Voluntariado
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Pontevedra, é unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co núm. O-980. Nace coa finalidade de proporcionar unha mellor calidade de vida as persoas con Enfermidade Renal Crónica, en diante ERC, e as súas respectivas familias e/ou persoas coidadoras da Provincia de Pontevedra e dos seus respectivos Concellos.
O equipo de traballo de Alcer Pontevedra está composto por profesionais e colaboradores cualificados que comparten os principios e valores da entidade e traballan por contribuír á consecución dos seus obxectivos. Por iso, desde a entidade considérase importante a labor do voluntariado, xa que colaboran e participan na divulgación da enfermidade renal e na sensibilización, concienciación e fomento da doazón de órganos e tecidos.
