Servizo de Orientación Social
O Servizo de Información e Orientación (S.I.O.) é o piar da entidade, xa que a través del e dos profesionais e equipo de voluntariado especializado, se proporciona información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando en cada caso intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións cara a outros servizos da entidade ou orientación cara recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada. O servizo centra a súa actuación en catro partes diferenciadas e interrelacionadas entre si, que fan que se atope en pleno proceso de desenvolvemento:
- Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal Crónica e ós seus familiares.
- Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal en Unidades de Hemodiálise, consultas de transplante e de diálise peritoneal, así como en plantas de hospitalización de Nefroloxía dos diferentes centros hospitalarios da provincia.
